ZAPATILLAS FEAS OU UGLY SNEAKERS

Como adoita ocorrer cando levamos algo ata o límite sempre é fonte de grandes críticas e ao mesmo tempo de grandes encomios. Por suposto no caso das Zapatillas Feas ou  Ugly  Sneakers non ía ser diferente. Os grandes volumes das solas e as combinacións de materiais e cores na parte superior fan delas que en función dos ollos que as miren sexan motivo de devoción ou motivo de odio.

Para a colección de  Moksín escollemos un punto intermedio para non crear nin odios nin amores desenfreados. :)

Aínda que o dos amores cremos que se vos pasa como a nós non poderedes evitalo ao ver as zapatillas de  Elena  Iachi que vos ensinamos a continuación. Por suposto seguen a tendencia das Zapatillas Feas ou  Ugly  Sneakers pero de forma contida polo que poderedes levalas pola rúa discretamente pero coa seguridade que vos achega un deseño tan coidado e co nivel de acabados e materiais máis alto.

Tiras de peles  metalizadas en cores vivas combinadas con  grella e tecido moi similar ao reflector na pa son elementos que xunto ao volume do piso fan que levemos nos pés non unhas zapatillas senón unhas  mini xoias.

Por suposto o da comodidade non necesario nin mencionalo.

Esperámosvos na tenda para que veñades probalas e vós mesmas valoredes se decidides odialas ou amalas.

 

 

GuardarGuardarGuardarGuardar