BOTAS MOTEIRAS
Parece que as vacacións de verán están a chegar ao seu fin e as nosas cabezas xa empezan a
pensar na volta ao traballo. Para os que nos gusta a moda, tamén nos preguntamos cales serán
as tendencias deste outono inverno 2018. Pois ben, hoxe falarémosvos das botas moteiras,
probablemente a que será a maior tendencia deste outono inverno.
Podemos atrevernos a aseguralo porque xa o ano pasado houbo moitos sinais de que isto ía ser
así. A primeira confirmación foi a volta a escena das botas Dr. Martens, unha imaxe de produto
moi ligada ás botas moteiras. E a segunda foi a gran demanda de botas con cordón que a xente
pediu.
Neste post ensinarémosvos un resumo dalgúns dos modelos de botas moteiras e fábricas que
desde Moksín seleccionamos para a nosa colección deste ano. En post posteriores
analizaremos cada marca e modelo de botas moteiras máis en concreto pero en neste
cinguirémonos a unha comparativa por calidades e prezos para os diferentes gustos e usos do
día a día.
Como primeira opción dentro da estética de bota moteira e que seguro será un hit de vendas,
temos as botas Dr. Martens Pascal. Este modelo de botas Dr. Martens esta fabricado cunha pel
moito máis suave e cun soleta acolchada. Isto fainas moito máis cómodas que as botas Dr.
Martens 1460 básicas cunha pel moito máis ríxida e piso duro.
As seguintes botas moteiras que vos presentamos son as botas Elena Iachi e as botas de
Strategia. Sen dúbida as xoias deste inverno nesta liña de produto. Para as que vos guste a
moda con maiúsculas e a calidade suprema, esta é a vosa opción.
O seguinte nivel de botas moteiras atopámolo nas botas Felmini. Unhas botas moteiras que
para o día a día son unha gran opción. Ademais con deseños moi persoais e acabados de peles
que é complicado atopar noutras fábricas.
E xa para acabar a última opción que vos propoñemos de botas moteiras son as botas Bryan. A
relación calidade prezo destas botas é insuperable. Botas moteiras fabricadas en España e cuns
acabados moi difíciles de atopar na súa liña de prezo.
Como xa vos diciamos ao principio nos seguintes post iremos dando máis detalles destas botas
moteiras e das súas fábricas. Esperamos que a volta ao traballo e ao día a día fágallevos máis
levadía con estes caprichos que vos imos ensinando.