SANDALIAS TOSTADAS PARA ESTE VERN
Cada verán tentamos presentarvos unha colección enteira de sandalias en tons tostados. Como sabedes o ton tostado ou camel nas sandalias de verán é sempre un súper vendas pola súa versatilidade. Cremos que este verán en concreto é un dos mellores para as amantes deste estilo tan próximo ao boho chic, aínda que en función do modelo que elixades non sempre ten que ir ligado ao boho.
Imos empezar polo grupo das nosas preferidas. Nesta ocasión non as deixaremos para o final do post. Este grupo é o formado polas sandalias tostadas de Seiale.
Este ano utilizaron para a versión máis alta unha peza de cortiza introducida na plataforma combinada coa base inferior do tacón o pel granulada no salón peep toe e unha peza de ante na sandalia de banda ancha no empeine. A cortiza como observaredes ao longo deste verán é un dos materiais máis en tendencia.
A seguinte sandalia tostada de Seiale é unha mule pero con plataforma corrida tipo creeper e con acabado en corda en dúas tonalidades, tamén leva un fío en cor metalizado que as atravesa alternando as liñas. Parece sinxela polas súas dúas tiras cruzadas superiores pero non, todo o contrario, posta é un canón.
A última sandalia Seiale deste grupo leva unha plataforma toda forrada en ante e con acabado posterior en tacón. Este tacón é estético porque a sensación de pisada é igual á dunha sandalia plana. Iso si, coa altura que achega a plataforma corrida. Outra das características desta sandalia tostada é o vivo en corda que leva na parte superior da planta.
O segundo grupo de sandalias tostadas é o formado polas sandalias de 220V. Un clásico nas nosas tendas todos os veráns.
Na versión de sandias de tipo mule 220V presentadas en tacón con imaxe de madeira. A primeira sandalia con tira dianteira ancha e a segunda versión engade unha tira no nocello para as clientas que necesiten maior suxeición do pé.
Na versión creeper de sandalias 220V en cor tostada toda a plataforma vai forrada en esparto e a planta utiliza a cor e textura de pel das dúas tiras que suxeitan o pé.
Para finalizar este grupo de sandalias tostadas falámosvos da versión totalmente plana pensada para as máis sinxelas pero cun corte na parte superior do empeine moi orixinal e pouco visto ata agora nas sandalias de verán. Leva unha pa enteira en pel suxeita por dúas hebillas laterais.
Todas as sandalias que vistes no post levan as plantas acolchadas, un dos factores máis importantes hoxe en día para que poidades gozar das altas temperaturas do verán o máis cómodas posible. As sandalias Seiale teñen selo Made in Spain e as sandalias 220V teñen selo Made in Italy.
Só vos queda decidirvos e elixir a que máis se adapte ao voso estilo.
GuardarGuardarGuardarGuardar