Somos un pequeno proxecto familiar no corazón de Galicia con 3 tendas físicas e esta tenda online. A primeira tenda abriuna a nosa nai Ángeles en 1995 na Estrada. A paixón e agarimo que poñemos en Moksín e todo o que sabemos sobre zapatos é grazas a ela.

A nosa tenda e o noso produto céntranse nas persoas, o estilo e a cultura, non nas marcas. É por iso que os deseñadores e as coleccións da nosa tenda evolucionan cada tempada, o que atopes na tenda hoxe probablemente será diferente ao que poderás atopar mañá. Iso si, sempre podes esperar unha combinación ecléctica de opcións que fusionan creatividade, estilo, calidade, sustentabilidade e valor social.

Téñennos dito que Moksín é ese secreto que moitas e moitos teñen e ninguén comparte porque é difícil atopar tendas tan especiais. Algunhas das persoas que compran na nosa tenda de forma habitual, moitos xa amigos, veñen de sitios tan dispares como Madrid, Londres ou México. É posible que pola nosa tenda pasase a túa amiga que nunca che di onde compra eses zapatos que tanto che gustan ou a estilista da túa celebrity favorita pero é case imposible descubrilo e nós nunca cho diremos.

A pesar de que Moksín evolucionou moito todos estes anos e agora podes comprar os nosos zapatos desde calquera lugar do mundo, seguimos sendo un equipo pequeno que fai máis ou menos o mesmo que fixo a nosa nai todos estes anos: ofrecer un produto e atención de calidade para que as nosas clientas e clientes poidan atopar aquilo que achega valor engadido á súa personalidade e estilo.


Fran & Tino.

Tendeiros dende os 8 e 12 anos :).