ZAPATOS RETRO – VINTAGE.

Os modelos de zapatos  Nemonic que seleccionamos para este outono inverno non deixan de ser unha continuación dos anteriores pero con novas combinacións de materiais, cores e unha altura media de tacón que é unha novidade total na colección.

O modelo  merceditas de Nemonic pensámolo en cor vermella con vivos en negro e unha nova combinación de tacón que non había ata esta campaña. Na combinación negra deste zapato de Nemonic puxemos os vivos en cor xeo e no tacón utilizamos un debuxo en branco negro que xa existía pero que desde o noso punto de vista é o ideal para este tipo de  merceditas.

Esta campaña seleccionamos tamén unha opción de zapato Nemonic de cordón. Sen dúbida para os días máis fríos do inverno. As combinacións destes zapatos de cordón son as máis divertidas da colección. A cor negra leva os vivos en cor vermella e xeo facendo xogo cunha pel en  topos xeo con fondo negro. A segunda opción pensada para tons marróns presenta a laterais cor mostaza, a o frente leva  topos xeo con fondo verde, e a punta en pel marrón con vivo azul combinado co tacón en cor marrón e tapa azul.

Por último, presentámosvos os zapatos  Nemonic de tacón medio, a maior novidade para este outono inverno. Nestes dous modelos de zapato  Nemonic de cordón e zapato  Nemonic de tira tipo  T realizamos combinacións básicas e fáciles de combinar para o día a día. Pensámolos para cor negra e vivos xeo cos tacóns combinados en branco e negro para darlle forza ao  look.

Pois agora só vos queda pasar a visitarnos á tenda ou compralos na nosa tenda  online para así poder probarvos uns dos zapatos máis orixinais que teremos este outono inverno na nosa colección.