OS MELLORES ZAPATOS PARA HOME PARA OS MELLORES PLANS PARA A PRIMAVERA
O 20 de marzo comezou oficialmente a primavera, como ben di o ministerio de Defensa na súa web. O comezo da primavera non é máis que unha escusa para facer plans diferentes, para esperar o bo tempo – e ver con mellores ollos os días nubrados, porque xa non serán máis que unha excepción de cando en cando – e para renovar o fondo de armario e con novos zapatos. Existen moitas fórmulas para atopar os zapatos de primavera perfectos e moitas para decidir que é o que un debe calzar. Sen embargo, e dado o bo tempo que espera por diante, no canto de quedarse coas tendencias primavera verán que esperan en moda para home, é posible escoller os mellores zapatos para home para esta primavera partindo do que se vai facer con eles. Estes son os mellores zapatos para os mellores plans de primavera.
Deixarse ver nunha terraza
Unha das mellores cousas da primavera é que empeza a facer bo tempo e é o momento de recuperar as terrazas. Chega o momento de sentar ao sol, o momento de recuperar o vermú, o de pasar a tarde de terraza en terraza... E para ir de terrazas hai que ter un outfit preparado para iso. Estes zapatos derby de Hudson son os zapatos para home perfectos para este plan concreto de primavera. Teñen estilo, son modernos e son moi cómodos.
Saír a camiñar e sentir que un fai deporte (pero sen perder estilo)
O bo tempo non só invita a estar sentado no exterior senón que tamén chama a pasear e a sentir que se está a facer deporte. Escoller calzado que faga que non se perda un ápice de estilo é doado: só hai que confiar no calzado deportivo. Por un lado está o modelo Massana de Munich, que está inspirado no estilo retro das deportivas de running de hai unhas décadas e que logra dar un toque vintage ao estilismo. Por outro está o modelo deportivo de New Balance en gris, tamén con ecos das zapatillas do pasado e que é moi cómodo.
Tempada de festivais!!
A primavera é tamén o momento no que a tempada de concertos e festivais comeza o seu momento de apoxeo. A clave para atopar os zapatos para home perfectos para sobrevivir a eles está en buscar o equilibrio entre estilo e comodidade. Ten que ser un calzado que permita desfrutar durante horas e estas zapatillas Converse son unha das ideas máis recomendables.
Ir ata a libraría preferida, mercar un bo libro e lelo ao sol
E finalmente a primavera tamén é tempo para ler. Pode parecer que os libros son cousa do inverno, cando calquera escusa é boa para non saír da casa, pero o certo é que a lectura combina con todas as épocas do ano. Na primavera, tras pasar pola libraría, o mellor é quedar lendo ao sol, nalgún bo parque. Unhas zapatillas Vans serán o complemento perfecto.