MUNICH NENOS
Se un busca zapatillas de fútbol sala, as zapatillas Munich son unha das primeiras recomendadas tamén pra os máis pequenos. Os xogadores profesionais deste deporte valoran a súa calidade dunha forma excepcional. Pero as zapatillas Munich non son só para xogar ao fútbol sala, son tamén unhas das favoritas de quen quere un estilo casual e por iso son unhas das seleccionadas para formar parte do catálogo da nosa tenda online. Nos últimos anos, as zapatillas Munich convertéronse nun habitual nos looks coñecidos como sport chic incluíndo aos nenos e nenas. Unha das tendencias de moda e que une roupa e calzado de deporte con elementos máis estilosos ou trendy.
A marca naceu en Barcelona no 1939, como unha compañía especializada en deseño de calzado deportivo. Dende 1939 ata agora, Munich creceu e cambiou moito. Xa non só deseña calzado deportivo senón que tamén crea zapatillas pra adultos e incluso pra bebés. Todos os seus modelos teñen en común que son exemplos claros da moda streetwear e que son facilmente recoñecibles gracias ao x que aparece en cada zapatilla e que é o símbolo da compañía.
Aos modelos tradicionais e aos modelos deportivos, súmanse ademais cada tempada modelos especiais que recollen as tendencias do momento e que se axustan ao que se busca para estar á última. Estas edicións son especiais e cambian con cada cambio de armario. Munich tamén lanzan en ocasións edicións espaciais e limitadas asociadas a eventos ou momentos.
Aporta comodidade e seguridade aos pés dos peques da casa, sen deixar de estar sempre á moda. Atopa diferentes modelos na nosa web Moksin online!