ZAPATO - HEGO'S - 9573ZAPATO - HEGO'S - 9573
Rebaixas

ZAPATO - HEGO'S - 9573

€125 €179
BAILARINA - HEGO'S - 1074BAILARINA - HEGO'S - 1074
Esgotado

BAILARINA - HEGO'S - 1074

€69,95 €99,90

Hego’s é unha marca italiana fabricante de zapatos para mulleres. Os zapatos de Hego’s son unha mestura dos mellores saberes da vella Europa. A marca é unha mostra do bo made in Italy, onde deseñan e fabrican o 100% do seu calzado. Hego’s é un dos exemplos de bo zapato italiano que podes atopar na nosa tenda online, xunto con firmas como Igi&Co ou Tosca Blu.

Ademais, a compañía está moi ligada ao epicentro do calzado italiano. A marca Hego’s ten a súa orixe en Vigevano, unha pequena localidade italiana da rexión de Lombardía. A rexión é unha das máis importante no que toca á moda italiana, xa que é onde está a maior parte da industria da roupa e do calzado de Italia. Vigevano é considerada a capital do zapato italiano .

Os zapatos de Hego’s teñen non só o bo facer dunha industria como a italiana senón que ademais contan coa tradición familiar. A marca ten detrás a unha compañía familiar que leva ligado ao mundo do calzado xa un par de décadas.

Entre os modelos de Hego’s podedes atopar botíns, zapatos ou deportivas, aínda que o que é máis coñecido son as súas ballerinas. As bailarinas de Hego’s son un calzado práctico e cómodo, un deses básicos de zapatos planos para ter no fondo do armario, sen por iso renunciar á moda e á cor. Hego’s emprega cores vibrantes e rechamantes, que chaman a atención e que fan das súas bailarinas unha proposta desenfadada e moi moderna, perfectas para un look á última.

Todo isto é ademais compatible coas mellores prácticas no que a materias primas se refire. As bailarinas de Hego’s están feitas con  pel de máxima calidade.

Vistos recentemente