BOTIN - SEIALE - MIGALLA NEGRO
SKU: 05MIGALLA40NE
O botín Seiale modelo Migalla, confeccionado en pel suave de cor negra, combina o estilo campeiro cunha elegancia única. Os seus detalles en chatolas, formando un triángulo na punta e rematando o estribo lateral, achegan personalidade e distinción. Inclúe cremalleira lateral para un mellor axuste e un cómodo tacón ancho que o fai ideal para calquera ocasión. Este deseño excepcional reúne estilo e carácter nun mesmo botín.
Altura da cana: 15 cm (altura máxima)
Altura do tacón: 7.5 cm (altura máxima)
Interior/exterior: pel
Sola: goma
Feito en España.
As medidas son aproximadas.
ENVÍO GRATUITO EN PEDIDOS SUPERIORES A 50 €.
En 24h-72h laborables.*
DEVOLUCIÓN.
Dispós dun prazo de 15 días naturais dende a recepción do pedido para cambios ou devolucións. Primeiro cambio de talle gratuito.
*Aquí podes saber máis sobre políticas de devolución e envío.