Zapatillas e deportivos Valsport

En Moksín queremos empezar a tempada outono – inverno falándovos dunha nova incorporación ás nosas tendas en liña e físicas. A marca italiana de zapatillas e deportivos Valsport.

Para falar da marca Valsport remontámonos a fai máis de cen anos, ao ano 1920, na cidade italiana de Padua. Valsport dá os seus primeiros pasos ofrecendo produtos para diversos deportes ata abrir unha tenda propia. A súa fama incrementa cos anos chegando a ser patrocinador do equipo italiano Juventus. A día de hoxe os deportivos Valsport poden presumir de ser recoñecidos tanto na casa como fóra dela. É unha marca de prestixio nacional e internacional que mantén dende os seus primeiros anos a súa maneira artesanal de traballar. As zapatillas e deportivos Valsport destacan pola súa elaboración manual cos mellores materiais procedentes de Italia. Fabrícanse en pequenos talleres italianos o que permite unha atención ao detalle máis coidadosa.

Cando compras un deportivo Valsport estás a mercar unha peza con historia; elaborada por mans expertas que prestaron atención á fabricación para que esa peza sexa duradeira e de calidade.

Outra tempada máis as zapatillas brancas son as máis solicitadas, modelos versátiles e combinables válidos para looks informais ou máis arranxados. Valsport ofrécenos dúas opcións:

Podes elixir entre a zapatilla Valsport Tournament Nappa Bianco Evergreen e a zapatilla Valsport Super Davis Pelle. Ambas cun acabado moi elegante e coidado. Perfectas para facerse cunha zapatilla branca de calidade superior coa que distinguirse entre a multitude ;)

https://www.moksin.com/gl/products/zapatilla-valsport-tournament-nappa-bianco-evergreen-vtnl001m
https://www.moksin.com/gl/products/zapatilla-valsport-super-davis-pelle-col-01-r2vsdp01m

Se o que buscas é un acabado máis deportivo Valsport ten varias opcións para ti. Realizadas con diferentes materiais como pel, serraje e tecido, plantillas acolchadas e moi cómodas, lengüetas abrandadas e forros interiores en toalla, un material que ao contacto co pé é moi confortable. A pisada destes deportivos é moi cómoda, animámosche a que os probes.

Temos as zapatillas Valsport Magic Trekk en dúas combinacións moi diferentes. Unha moi potente en tons verdes combinados na súa xusta medida con beis, negro e laranxa. Perfectas para os amantes das zapatillas! E outra máis sobria con tons terra e negros cun toque de azul. Cal che gusta máis?

https://www.moksin.com/gl/products/zapatilla-valsport-magic-trekk-7-vmt07m
https://www.moksin.com/gl/products/zapatilla-valsport-magic-trekk-8-vmt08m

O deportivo Valsport Magic Heritage converterase nun imprescindible para ti grazas á súa cor negra ideal para esta tempada.

https://www.moksin.com/gl/products/zapatilla-valsport-magic-heritage-her-16-vmh16nem

E o deportivo Valsport Magic Run ten unha das combinacións máis elegantes desta campaña.

https://www.moksin.com/gl/products/zapatilla-valsport-magic-run-22-vm22m

Outra das xoias desta tempada é este botín deportivo de Valsport. Cunha preciosa combinación de branco e camel con detalles en cor. Un modelo moi actual e sen estridencias.

https://www.moksin.com/gl/products/zapatilla-valsport-super-davis-mid-nappa-col-02-vsdh02m

Tamén temos deportivos Valsport para muller. O modelo elixido é o deportivo Valsport Magic Goldi. Unha fantástica zapatilla dourada combinada con negro. Un deseño de alta categoría co que non pasarás desapercibida.

https://www.moksin.com/products/zapatilla-valsport-magic-goldi-1-vmgg01w

Bota unha ollada a toda a nosa selección de zapatillas e deportivos Valsport en www.moksin.com. Temos unha ampla selección de deportivos e zapatillas para que escollas a que máis se adapta ás túas necesidades e gustos.

Podes comprar deportivos Valsport en liña ou comprar deportivos Valsport en Santiago de Compostela nas nosas tendas ou en www.moksin.com