XA PARTICIPSTEDES DO NOSO ESCAPARTE DE NADAL? A QUÉ ESPERADES?

“Este Nadal gustaríanos que todos poidamos gozar de bos desexos, por iso deseñamos este escaparate como un espazo para recollelos e compartilos. Non se nos ocorreu mellor contenedor para os bos desexos que un cesto, un moi especial e feito a man por Idoia Cuesta."

 

O noso escaparate de Nadal comezou fai xa moitos meses, pensando sobre o Nadal e o seu significado.

A tradición di que esta é unha época para compartir cos demais, aínda que ultimamente, poderíase dicir que o ritmo de vida, a tecnoloxía a sociedade... nos leva máis a compartir con nós mesmos que co resto, así que decidimos facer un escaparate que nos lembrara as orixes do Nadal. Pensamos un escaparate no que poder conter e compartir moitos e bos desexos, pero claro, onde compartir tantos desexos? polo menos íanos facer falla un cesto para eles e non se nos ocorreu mellor persoa para colaborar connosco que unha cesteira cunha sensibilidade única:  Idoia Cuesta.

Durante o mes de outubro Idoia foi tecendo o cesto e o nós a nosa ilusión por recibilo. 

Imaxes do proceso

 

Imaxes do escaparate de Santiago

 

Como podes participar deste escaparate?

OPCIÓN 1

Con bos desexos en forma de palabra:

Escribes un bo desexo nun papel ou postal e deixalo dentro do cesto.

Se queres tamén podes escribir o teu desexo no muro do noso Facebook, Twitter ou Instagram co hashtag #BosDesexosMoksin e nós meterémolo no cesto por ti.

 

OPCIÓN 2

Con bos desexos en forma de agasallo:

Recolles do noso cesto un dos bos desexos en forma de agasallo e deixas outro para outra persoa, será sempre anónimo. Tenta deixar algo que a ti tamén che gustaría recibir. Pode ser un doce, un libro, un pequeno detalle que roube un sorriso… non fai falla gran presuposto, só imaxinación e boas intencións ;)

 

Todas as persoas que participen deste escaparate entrarán nun sorteo de 200 euros, dos cales 100 euros son para un vale de compra e outros 100 serán destinados á asociación que a persoa elixa.

 

COMO SE FIXO E QUEN:

Os elementos deste escaparate foron deseñados e tecidos a man pola cesteira vasca aficanda en Lugo, Idoia Cuesta. Idoia leva dende 1998 ligada á cestería e forma parte da rede Artesanía de Galicia. En 2014 foille concedido o Premio Nacional de Artesanía na Categoría de Producto.

O cesto está tecido cunha técnica denominada colling que consiste en ir facendo nós na la con fíos de algodón. A mecha de la pasou por un filtrado para darlle unha consistencia especial que permite traballala utilizando técnicas de cestería.

Tino Barreiro foi o responsable do concepto e a dirección creativa.