UN PREMIO NACIONAL DE FOTOGRAFA EN MOKSN
Leopoldo compra a súa primeira cámara de fotos cando ten 15 anos e aprende fotografía de forma autodidacta. Todo o que vén despois é historia visual do noso país.
Ademais da fotografía, Pomés é moi coñecido dentro do mundo da publicidade. É cofundador da axencia de publicidade Tiempo en Barcelona. Un dos referentes nacionais da súa época que máis tarde pasaría a formar parte da multinacional BBDO e responsable de anuncios tan icónicos como as burbullas de Freixenet.
Leopoldo Pomés está considerado como un dos profesionais da imaxe máis importantes do último medio século en España e temos a honra de exhibir dúas fotos da súa obra en Moksín. Non deixes de pasar a velas!
Se queres saber máis sobre estas fotos ou do traballo de Leopoldo podes poñerte en contacto con Galería Trinta á que desde aquí agradecemos a cesión destas fotos e a súa colaboración co proxecto Pasearte.
Pasearte está comisionado por Javier Branco e promovido por Santiago Centro.
Bo nadal e feliz Pasearte!
Podes ver o resto de establecementos que forman parte desta inciativa aquí.