¡SANDALIAS CON TACHAS EN FORMA DE PIRMIDE!

Dentro da colección de vestir que presentamos en Moksín para esta primavera – verán e no que respecta á marca Ezzio poderedes ver as fotos da sección que realizamos coas famosas tachas.

As tachas nos modelos de taco alto van aplicadas ó longo das tiras que suxeitan o pé, a maior diferencia entre as cores é a seguinte, na cor negra e na cor amarela, unha das cores de maior tendencia este verán, se vos fixades poderedes ver que o acabado das tachas é mate; o que vai provocar unha estética moito máis agresiva, sumada xa a la fortaleza que presenta a cor negra e amarela neste corte de sandalia. Outra diferencia é o tipo de pel aplicada na base da tacha, na cor negra trabállase con pel mate e na amarela sería pel charol, esta diferenciación de materiais está pensada tamén para incrementar o maior impacto visual das sandalias no pé. A negra veredes que é un modelo total black mate, tan de moda esta tempada así como o total white.

 

Na terceira cor presentada, a beixe, a combinación dos materiais fíxose pensando nunha estética máis tranquila e clásica, isto conseguímolo utilizando a cor beixe en si que é un básico de tódolos anos, e o acabado das tachas na cor branca con brillo sobre a pel das tiras en acabado charol. O último elemento, a planta e taco levan unha cor beixe en pel mate granulada. En definitiva unha sandalia moi sinxela de combinar e cun corte que realza plenamente a perna e o pé.

Xa para finalizar o post, para as que queredes ir cómodas sen renunciar a un pouco de taco. O modelo presentado para a versión máis baixa leva o talón pechado con peche de fibela lateral no nocello para suxeitar ben o pe e aportarlle maior comodidade, os acabados e combinacións de materiais aplícanse do mesmo xeito que nas súas versións máis altas, levando este modelo as tiras coas tachas na parte dianteira da sandalia formando un lazo, que se une a través dunha tira sobre o empeine coa tira da fibela superior, creando así a sandalia tipo T na parte superior do peito do pé.

 

Aquí puedes ver la colección Ezzio.