Escaparate OI2020

Para a maioría, os escaparates son un espazo de venda, para nós sempre foron algo máis, unha xanela para comunicarnos coa xente que nos rodea e conectar contigo, esta campaña fixemos un escaparate moi especial para previr, agradecer e lembrar que a pesar das distancias, sempre estamos preto.


En 2015 cando abrimos a nosa tenda de Santiago, escribimos unha frase sobre o que nós entendiamos que debía ser Moksín: “un proxecto consciente, consecuente e responsable.” Esa forma de pensar sempre guiou a nosa tenda e todo o que facemos, pero este ano esa frase cobrou aínda máis significado se cabe con todo o que está a pasar e coa idea que hai detrás do noso escaparate OI2020. Como pequeno comercio cremos que temos a responsabilidade de coidar e axudar á nosa comunidade aínda que sexa a través dun simple escaparate. Sen cada un de vós que nos animades a seguir abrindo as nosas portas cada día, o que facemos non sería posible.