OS NOSOS FAVORITOS DE TEMPADA

Hoxe, desde Moksín, queremos falarvos dos nosos favoritos da tempada, marcas e modelos que polo seu deseño e calidade ocupan un posto destacado na nosa tenda e recomendámolos sempre que os nosos clientes buscan o mellor. 

Empezamos falándovos de Kennel& Schmenger, unha marca xa veterana nas nosas tendas, sinónimo de calidade e moi coñecida entre as nosas clientas grazas á súa comodidade e a que dan bo resultado. Este ano tráennos peles metalizadas e solas altas nos seus deportivos e máis metal adornado con pedrería nas súas sandalias. Atopa o teu modelo favorito aquí. Nós destacamos os seguintes modelos polas súas potentes cores. Segue lendo!

Empezamos con estas zapatillas de Kennel& Schmenger en cor fucsia metalizado. Unha cor incrible para esta primavera - verán, moi favorecedor con calquera ton de pel. A sola dobre é moi lixeira e cómoda. Son fáciles de calzar grazas as suas cremalleras laterais, non perdas tempo en poñelas e sae a comerte o mundo!

 

 

Tamén queremos ensinarvos estas preciosas sandalias vermellas de Kennel, tamén con acabado metalizado, unha tendencia indiscutible desta tempada. As tachas elevan a estética das sandalias a unha peza moi actual e con estilo. O pé estará suxeito grazas ás súas tiras e poderás camiñar comodamente durante toda a xornada.

 

 

Falar de Puro Secret é falar de DESEÑO en maiúsculas. Unha firma conceptual na que os seus deseños non envellecen, melloran co tempo. Liñas simples e detalles de nivel para modelos cómodos e con solas lixeiras. Podes ver máis Puro Secret aquí.

Esta sandalia abotinada en cor prateada de Puro Secret é simplemente alucinante. Axústase perfectamente ao pé e é moi cómoda. O tacón redondo é un claro exemplo do deseño do que vos falabamos antes, non creedes? Un modelo único e que non se parece en nada ás sandalias abotinadas convencionais. Non perdas a oportunidade de probala!

 

 

Veracruz chegou fai tres anos ás nosas tendas e non ten planeado irse. Desde entón as súas sandalias son das máis solicitadas. Peles con acabado envellecido, solas de coiro, hebillas gravadas, persoais acolchados… imprescindibles para un look boho- chic con vestido longo de flores ou cuns simples vaqueiros con camiseta branca. As sandalias Veracruz farán o resto!

Escollemos a sandalia PLOF de Veracruz para facer unha pequena review xa que é un dos modelos máis vendidos cada verán. O tacón medio de aproximadamente 7 cm é moi cómodo de levar durante o día. Ademais a plantilla está acolchada e notaralo tan pronto as calces. A tira frontal leva un cosido que lle resta uniformidade e a hebilla lateral é simplemente preciosa, formas xeométricas en cores azuis e vermello unha marabilla! Por último poderalas calzar facilmente grazas á sua cremallera traseira. Bótalle unha ollada ao resto das sandalias Veracruz aquí.

 

 

Outro dos nosos favoritos é Hego’s. A marca italiana destaca pola comodidade das súas hormas e o seu bo traballo coas peles.

Esta campaña optamos por traervos bailarinas en tres combinables tons, tanto destalonadas como o clásico modelo pechado. Un favorecedor escote en V e lacitos estratexicamente colocados completan a peza. A pel é moi blandita e non ten costuras, perfectas para os pés máis delicados.

 

 

Que vos parecen os nosos favoritos? Esta é unha pequena selección pero temos moitos máis! Gustaríanos saber os teus, síguenos en redes e dálle like aos teus elixidos.

Desde Moksín seguimos traballando para traerche o último en tendencias! Non nos perdas a pista e descobre as novidades que pronto recibiremos en tenda.