Na publicación de hoxe queremos falarche dunha das nosas marcas fetiche (e a vosa!): Campomaggi.
Feitos á man de xeito artesanal coas mellores peles, quen teña un bolso ou carteira Campomaggi repite seguro.
As peles son tratadas e tinguidas con tintes vexetais puros sen cromo, o que confire ás pezas ese acabado particular e característico da marca. Tanto os tecidos interiores como os exteriores son 100% algodón orgánico.
Cando mercas un bolso, carteira ou pulseira da firma italiana Campomaggi, obtés unha peza única, xa que non hai dous iguais. Mira o acabado do seu herraje e das chatolas cun aspecto desgastado, é unha parte fundamental do seu estilo vintage!
Como cada tempada, ofrecémosche unha coidada selección dos seus mellores bolsos e carteiras, pezas atemporais que melloran co uso.
Comezamos con esta pequena xoia: un pequeno bolso cunha solapa chea das tacholas e herrajes típicos desta colección. Está salpicado de pedrería azul nun contraste perfecto coa cor pel da peza. Este bolso pódese empregar como riñonera grazas ás súas dúas cintas traseiras. Non te deixes enganar polo seu tamaño na foto, ten un bo espazo no seu fol: de ser case plano a triplicar a súa capacidade nun momento. Perfecto para levar o básico.
Seguimos con este fermoso bolso de pel negro. Un tamaño pensado para persoas máis todoterreo, neste bolso de Campomaggi entra de todo. Unha das pezas que nunca te arrepentirás de ter e nas que paga a pena investir. Asegurámosche que dentro de 20 anos permanecerá en perfecto estado. As tiras con chatolas elevan o deseño. Por certo, tamén o temos en pel marrón ;)
Outro dos nosos bolsos favoritos é esta peza marabillosa cun gran rosetón de tacholas na parte dianteira. O lateral está trenzado en pel e argollas. Cun tamaño moi bo para o teu día a día, ten asas para levalo ao ombreiro ou unha correa para atravesalo ao corpo. Pararanche pola rúa para preguntarche polo teu bolso negro de Campomaggi.
E rematamos coa xoia da coroa: esta espectacular mochila feita en pel camel. A composición de tacholas da solapa é un verdadeiro atractivo. Flores, chapas, tacholas e pedras azuis preciosas son os protagonistas desta mochila Campomaggi. Ten un peto na parte traseira para que poidas gardar con seguridade o que queiras. Práctico e cun tamaño medio moi cómodo. Mércao esta tempada e lévao de por vida.
Aquí podes ver a nosa colección de bolsos e carteiras Campomaggi. Pezas nas que paga a pena investir e coas que conseguirás un armario atemporal e elegante.