¡ESTAMOS DE REBAIXAS!

Hoxe desde Moksín querémosvos axudar a elixir a opción perfecta para comprarvos ese capricho en tempada de rebaixas, seleccionamos o que cremos serán as catro compras perfectas. Ao facer esta selección non só pensamos en moda tamén nesa compra que poderedes gozar practicamente todo o ano e que seguro se converterá no voso par de zapatos favoritos. 

 

 

Como non podía ser doutra forma o primeiro modelo que para nós é unha compra indispensable en rebaixas é unha bota de estilo cowboy, a que hoxe vos mostramos é unha campera de Elena Iachi consideramos é a compra de rebaixas por excelencia. Bota Elena Iachi adornada con pequenos cristais e elaborada en negro. 

 

 

Un deportivo tampouco pode faltar nesta selección e eliximos unha zapatilla en cor branca con piso creeper de ChiaraFerragni. A famosa influencer é pura moda e esta zapatilla promete converterse na vosa mellor aliada na primavera por ese motivo cremos que é a compra perfecta estas rebaixas. 

 

 

A terceira opción e non por iso menos importante é unha bota de estilo militar, o modelo elixido para vós é de Kennel& Schmenger. Un botín cómodo e fácil de combinar a partes iguais. Botín de Kennel& Schmenger en cor gris con peche de cordón, o botín ideal para o día a día. 

 

 

Por último, falámosvos dunha bailarina Seiale con estampado de animal print, un modelo só apto para atrevidas. Bailarina Seiale elaborada en pelo, unha bailarina de estilo minimalista, fabricada nun rompedor cor vermella. Esta bailarina será a compra perfecta para alegrar os vosos looks en tempada de rebaixas. Sexa cal fora vosa aposta de rebaixas non deixedes pasar a oportunidade de probarvos esta bailarina Seiale. 

 

Elixades o que elixades seguro que é a compra perfecta