Descubre a nosa colección de zapatos Seiale para convidada
Por fin chegou a época de vodas, bautizos
e comuñóns! Despois de dous anos nos que os eventos diminuíran
considerablemente (e por tanto as opcións en sandalias de festa), volvemos con
forza cunha colección de zapatos para convidada moi apetecible.
Está mal que o digamos nós pero a colección de sandalias de festa de Seiale desta tempada primavera-verán 2022 é espectacular. Contamos con sandalias básicas negras para convidada, sandalias con plataforma de cores para convidada, zapatos con tacón para madriña, sandalias negras de noite, sandalias de veludo… sandalias que serven tanto para levar á voda da túa mellor amiga como para levalas con vaqueiros e unha blusa bonita.
É importante que saibas que todas as sandalias Seiale están realizadas en pel de maneira artesanal en España e iso nótase nos pés. Os remates ben feitos, as soletas en pel, as fibelas forradas…todos eses detalles marcan a diferenza.
Estas sandalias con tacón alto e plataforma de Seiale encántannos. A combinación de cores é única da marca! Grazas á plataforma dianteira, esta sandalia de tacón alto é moi cómoda. Ideais con traxe de chaqueta e pantalón.
As sandalias Venial de Seiale
teñen plataforma dianteira e tacón moi ancho. Parece unha cuña! Ao ter tanto
punto de apoio son moi estables e cómodas. A fibela que pecha a sandalia ao
nocello está formada por brillantiños, un detalle ideal. Parécennos unhas
sandalias perfectas para as amigas da noiva.
Se buscas unha sandalia elegante
de tiras finas, o modelo Laño de Seiale é o axeitado. Esta sandalia metalizada
de tiras queda espectacular posta, a punta cadrada é moi actual e o peche con fibela
queda máis centrado do habitual. Un aposta moderna e nova.
Se falamos de sandalias con
tacóns orixinais, non podemos deixar atrás a sandalia Tocaio de Seiale. O tacón
está composto dunha peza baleira dourada que queda espectacular cando a ves de
lado. A tira fina negra ao empeine e o nó con strass dianteiro fan que esta
sandalia sexa perfecta para eventos formais.
Outra sandalia con tacón bonito
é o modelo Tolado de Seiale. Esta sandalia é a indicada para a irmá do noivo ou
noiva, por exemplo. É unha sandalia moi elegante e rechamante grazas ás perlas
da parte dianteira.
Estas sandalias de festa con
pulseira parécennos un básico imprescindible. Unha sandalia metalizada con
tacón ancho que poderás levar durante horas. Os tons metalizados combinan con
todo así que non terás problema en reutilizalas. Falamos da sandalia para
eventos Seiale modelo Lance.
A sandalia negra con pulseira
Lance de Seiale ten un punto rockeiro moi especial grazas ás chatolas do seu
tacón.
Se es das que queren comprar
sandalias de festa con tacón baixo esta é a túa tempada. Desde hai xa uns anos,
podemos ver que o que está máis de moda son as zapatillas e os zapatos cómodos
e iso reflectiuse tamén nos zapatos de vestir. As mulleres demandan sandalias
cómodas que poidan levar durante horas sen preocuparse e sandalias que poidan
reutilizar unha vez pasado o evento.
Temos varias opcións en
sandalias negras con pouco tacón que poderás levar a unha voda cun vestido
estampado bonito e despois seguir usándoas no teu día a día. Presta atención
aos tacóns xeométricos e aos detalles da parte dianteira. Detalles que
transforman sandalias básicas normais en sandalias negras especiais.
Que opinades da sandalia de
veludo gris Arnal de Seiale? Esta preciosa sandalia de veludo con tacón baixo é
toda unha xoia. Unha sandalia orixinal cunha cor moi fácil de combinar.
Parécenos a sandalia perfecta para unha voda de noite. Tamén temos unha
sandalia de veludo negro con tacón baixo. O modelo Arnal negro de Seiale
encantarache.
Unha
opción moi elegante e chic é o mule de pel con tacón baixo de Seiale modelo
Sarta. Unha sandalia sinxela e estilosa co tacón degradado que centrará toda a
atención no teu look. Dispoñible en tres cores con tacón combinado.
Queres comprar zapatos de madriña de voda? A elección dos zapatos para a madriña do noivo é unha tarefa moi especial xa que quererás lucir perfecta ese día. É imprescindible que sexan cómodos e elegantes. En Moksín temos unha ampla selección de zapatos e sandalias para ese día tan importante.
Os zapatos destalonados prateados e
dourados de Seiale modelo Horta parécennos unha auténtica xoia. Confeccionados
con malla en tons metalizados e pel espello rematados cunha preciosa tira de
brillos no empeine, tacón fino e peche mediante hebilla. Uns zapatos para ser a
convidada perfecta.
O
modelo Home de Seiale é outro dos zapatos elegantes que poderedes atopar na
nosa tenda. Destaca o remate con pedras que bordea o pé. Dispoñible en tres cores
que combinarán con calquera cor que elixas para a túa vestimenta.
O
zapato destalonado con tacón fino Seca de Seiale é unha marabilla. Encántanos
que se vexa o pé a través da malla transparente e o gran hebillón que adorna a
súa parte dianteira. Un zapato de tacón orixinal que che quedará ideal con
vaqueiros despois do gran día.
E para as que non queremos ou podemos levar tacóns?
Tamén hai opcións. Hai anos que o protocolo en eventos se
relaxou e podes ir practicamente co que che apeteza. Non é necesario levar
tacóns infinitos se non o desexas, hai zapatos planos para convidadas moi
bonitos e estilosos.
Esta versión baixiña do modelo Horta tennos namoradas. Este zapato plano destalonado de vestir é elegante e versátil. Queda moi bonito con saia ou vestido satinado en calquera cor.
Un zapato destalonado básico
pero cun toque especial grazas ao seu cosido que imita un acolchado é o modelo
Sela de Seiale.
Para eventos máis informais esta sandalia plana con cadea na parte dianteira é unha moi boa opción. A cadea eleva un modelo básico a un modelo máis arranxado.
Se picas aquí, poderás ver a marabillosa selección que fixemos das nosas mellores sandalias e zapatos de festa para que luzas perfecta nesa celebración tan especial.
Achégate
ás nosas tendas Moksín na Estrada ou Santiago de Compostela ou compra zapatos
de festa en liña na nosa web www.moksin.com