DEPORTIVAS PHILIPPE MODEL

Este ano os mozos Moksin estades de sorte xa que vos traemos unha colección moi coidada con deseños diferentes e para todos os estilos. 

Como novidade na sección de deportivas presentámosvos á firma parisina Philippe Model, unha marca con case cincuenta anos de historia. Capitaneada polo deseñador homónimo e con fortes vínculos con Italia, á que confía a súa produción. 

Despois de varias tempadas seguindo os seus pasos esta primavera-verán decidimos incorporala á nosa colección. Se queres saber un pouco máis segue lendo! 

Nestas zapatillas Philippe Model os protagonistas son o nylon de cores, vermello combinado con ante gris e mayana punteira, e laranxa contrastando co ante en cor verde. O característico escudo de armas da marca destaca no lateral, elevando o deseño. 

 

 

É a quenda destes rechamantes deportivos Philippe Model modelo Monaco Vintage en cor amarela, unha cor máis que ideal para esta colección primavera verán. O ante gris da punteira e ojalesrelaxa o amarelo do nylonde alta calidade e combina coa peza traseira con logoen cor azul Klein.

 

 

Por último ensinámosvos os modelos Tropez de Philippe Model, iconos da marca, dispoñibles en verde militar e en azul mariño. Dúas cores moi básicas e combinables para os máis discretos. Detalles en pel branca que achegan luz ao conxunto e escudo da marca cosido no lateral, recoñecido por todos os amantes das zapatillas. Un modelo que é un bo fondo de armario, perfecto para todos os días e adecuado para un evento cun punto formal. 

 

 

Deseños actuais fabricados con materiais de alta calidade a mans dos mellores artesáns italianos, forros en pel suave, persoais de 2 cm que achegan un extra de altura e comodidade e unha procura constante de novos materiais e deseños que fan de Philippe Model unha das marcas sempre á última. Sinónimo de luxo.