BOTINS HUDSON Colección outono inverno 2019
O noso post de hoxe vai dedicado a vós, os homes. Presentámosvos Hudson unha marca inglesa que leva no mercado trinta anos e que combina tradición e innovación. As botas Hudson están fabricadas con peles de máxima calidade, as súas solas son coiro 100% e os seus deseños de estilo british. Todos os botíns Hudson son deseños versátiles ideais para todo o día a día. Non vos perdades detalle de todos os botíns Hudson que vos mostramos a continuación.
O primeiro, un botín Hudson que ano tras ano nos namora o modelo WATCHLEY. Un botín tipo Chelsea con tirador traseiro para maior facilidade de calce. Como en todos os botíns Hudson canto máis envellecidas están as súas peles máis vos gustarán. Nesta peza de Hudson podes elixir entre a cor negra e a cor marrón. Como todos os botíns Hudson leva sola de coiro cosida e illada.
Agora un modelo máis tobillero e con cordón. Botín de Hudson dispoñible en negro e marrón con sola de coiro e pel envellecida. Un botín de inspiración británica cunha horma moi confortable. A moda manda e esta tempada a tendencia é ensinar nocello así que aquí tedes o botín perfecto para ir á moda sen pasar frio.
Por último, un botín Hudson con pel envellecida cor negra, peche de cordón e punteira alongada. O modelo YOAKLEY é sen ningunha dúbida da clase de botíns que podes poñer con traxe ou cos teus novos vaqueiros, un botín imprescindible en calquera armario masculino.
Non perdades a oportunidade de probar uns botíns Hudson e deixar que se convertan nas vosas botas favoritas.