BOTAS E BOTÍNS MOU PARA ESTE OUTONO INVERNO

Hoxe en Moksín queremos falarvos dunha das marcas máis esperadas nas nosas tendas cada outono-inverno: as botas e botíns Mou. Para as que non nos coñecedes contámosvos que levamos moitos anos traballando con botas de pelo natural Mou. Son moitas as clientas fieis que repiten cada tempada e moitas outras que en canto as proban quedan namoradas. Se buscas unha bota de pelo natural cómoda e quente Mou é a túa marca.

Neste post imos facervos unha presentación das novidades de botas e botíns Mou para a tempada outono inverno 2022. Fixemos unha selección de básicos e novidades para que sexas a primeira en lucir as últimas tendencias dunha das marcas máis recoñecidas do sector do calzado.

Mou (que significa suave ao tacto en francés) nace no ano 2002 no corazón de Londres co claro obxectivo de ofrecer unhas botas suaves, cálidas e resistentes con acabados luxosos e seguindo as tendencias. Case 20 anos despois podemos afirmar que o conseguiron con fartura. As botas Mou son de calidade e duradeiras. As opinións das nosas clientas contentas aválannos.

Podes recoñecer as botas Mou facilmente grazas ao groso cosido de la no seu parte frontal. Ademais ofrecen un amplísimo catálogo de modelos, alturas de cana, cores e cuñas. As combinacións dos botíns Mou desta tempada son doutro nivel, segue lendo e descúbreas!

Empezamos co modelo básico. A bota MOU ESKIMO INNER WEDGE SHORT. Realizadas con suave pel de ovella de dobre cara. Como en todas as botas Mou a lá das costuras cósese a man e a sola é de goma EVA, un material resistente e duradeiro. A cuña oculta é de cinco cm, unha altura moi cómoda para o teu día a día. Asegurámosche que é unha altura na que non notarás que levas tacón. Grazas ao suave pelo interno o pé vai moi acolchado e podes levalas durante horas evitando a sensación de pé cansado polo tacón. As botas e botíns Mou están forradas de suavísimo pelo natural, un material que conserva a calor do pé sen que che súe. De feito moitísima xente lévaas sen calcetíns! É que cando o calzado está ben realizado nótase.

En Moksín podes comprar botas Mou con cuña interna en cores lisas como o camel ou o negro, perfectas para o teu fondo de armario. A bota Mou ESKIMO INNER WEDGE SHORT STONE METALLIC é unha das máis vendidas cada ano. A súa cor dourada metalizado é moi combinable e achega elegancia a calquera dos teus looks máis abrigados.

Dentro da mesma altura a marca ofrécenos modelos máis traballados como esta preciosa MOU ESKIMO INNER WEDGE LASERED STARS& MICROSTUDS ELGRY. Nunha bonita cor gris elefante decorado con pequenas chatolas douradas e estrelas cortadas ao laser. Esta cor é neutra e fácil de combinar. Con este mesmo debuxo temos unha Mou french toe que podes descubrir se segues lendo noso post.

Apetéceche cambiar as túas botas Mou negras por unhas diferentes? Ofrecémosche este bonito modelo en negro coa pa cuberta de brillos prata e ouro. Leva estas MOU ESKIMO INNER WEDGE HERRINBONE HOTFIX BLACK cun look total black con cazadora de coiro. Toda unha rock star! 

Agora presentámosvos unha das nosas botas Mou favoritas desta campaña. As MOU INNER WEDGE FRONT HEART PATCH DUTOB son un agasallo para a vista e para os pés. Sen dúbida o que máis destaca é o precioso corazón central rodeado de bonitas pedras de cores. O ribete de pelo remata o conxunto. Unha bota Mou con cuña interna diferente e combinable. Está realizada en pel metalizada cobre, unha cor fácil de combinar con tostados e negros. Non te cansarás de poñela, o calzado especial podes levalo durante moitas tempadas sen aburrirche.

Se prefires unha cana un pouco máis alta podemos ofrecerche entre outros modelos as botas Mou ESKIMO INNER WEDGE TALL. Un modelo moi favorecedor que cobre un pouco máis a perna. Temos Mou de cana alta cor negra e Mou de cana alta cor topo co ribete en gris. Non as perdas!

Outro modelo de botas Mou cada vez máis solicitado son as botas MOU FRENCH TOE WEDGE. Estas botas Mou teñen unha cuña máis alta e estreita que o modelo clásico. Son duns sete cm de altura e están realizadas igualmente en pel e forradas de suave pelo natural de ovella. As botas Mou French toe son moi estilizadas e elegantes. Quedan moi bonitas na perna e locen moito con saias e pantalóns.

Contámosvos os diferentes modelos de Mou french toe wedge que temos para ti.


Podes comprar botas MOU FRENCH TOE WEDGE SHORT en cor negra e nunha preciosa cor champaña metalizado. Este modelo é de cana curta moi favorecedor para mozas baixiñas.  

Con esa mesma altura ofrecémosche dúas preciosas botas Mou con deseño de estrelas. A primeira combina microtachuelas douradas con cortes láser en toda a bota. Falámosche de MOU FRENCH TOE LASER STAR AND STUDS ELGRY. Este mesmo deseño ensinámoscho antes nunha Mou inner wedge short. Lembras? Cóntanos cal che gusta máis.

Nun gris máis escuro bordado con estrelas de la gris combinadas co bordón que rodea a pa temos a preciosa bota MOU FRENCH TOE WOOL STARS CHARCOAL.

Se es de cana alta e tacón tamén temos algunha opción para ti. As botas MOU FRENCH TOE WEDGE TALL favorecen ás mozas máis altas, a cana queda pegada á perna e a altura da cuña estiliza. Dispoñibles en cor negra e en cor taupe cos vivos en lá gris.

Un modelo cómodo, orixinal e sobre todo moi quentiño é o MOU ESKIMO 40. Falamos de botas Mou de pelo natural de cana alta e sen cuña. Dispoñibles en tres cores moi fáciles de combinar: negro metalizado, vainilla e camel.

A bota alta MOU ESKIMO 40 RHINESTONE LOGO en negro metalizado é un must have. Fijate no logo de brillos na parte traseira, un detalle top!

Outra das nosas favoritas é a bota MOU ESKIMO 40 VAN realizada nunha preciosa pel cor vainilla. Unha bota Mou de cana alta e sen cuña cunha cor súper fácil de combinar e que queda precioso nos días máis fríos acompañado dun plumífero de cor clara ou cun xersei amplo de lá.

Tamén sen cuña pero cunha cana máis baixa de 24cm temos dúas opcións comodísimas: pel branca e pel negra co vivo de lá branco.

A bota plana MOU ESKIMO 24 WHITE RHINESTONES LOGO é unha marabilla. O logo realizado en brillos eleva este deseño de pel branca con vivo de la cosido a man.  

Que opinades da bota MOU ESKIMO 24 WITH CROS STITCH? Realizadas en pel nacarada cun precioso bordón branco. Unha combinación moi especial co clásico branco e negro como protagonista.

Se queres comprar en liña botíns MOU ESKIMO 18 cor negra na nosa web tes a opción. Realizadas en pel cun acabado nacarado e rematadas con lá cosida a man tamén en cor negra. Un imprescindible de inverno.

As MOU ESKIMO 18 WITH RHINESTONES LOGO DUTOB en cor bronce coa lá en cor beis tamén é unha estupenda opción. Perfectas para as túas viaxes de inverno.

Que vos están parecendo as nosas propostas de botas e botíns Mou? Esta campaña veñen arrasando! Lembra que podes comprar botas Mou en Santiago de Compostela na nosa tenda de Montero Ríos. Estaremos encantadas de axudarche a escoller a que mellor se adapte a ti.

Agora queremos presentarvos uns modelos de Mou súper cañeros e atrevidos. Como xa moitas saberedes as deportivas viñeron para quedar. A moda ten unha clara tendencia á comodidade. E falar de Mou é falar de moda. Xa o ano pasado vimos pinceladas de botíns Mou con sola deportiva e este ano temos unha ampla variedade para ofrecerche.

Queda a descubrilos.

Empezamos con esta sneaker de Mou en cor cobre metalizado. A bota MOU ESKIMO SNEAKER BOLD DUTOB é un modelo de cana baixa e sen cuña. Ten unha sola de goma branca moi resistente e cómoda. O botín MOU SNEAKER BOLD GLITTER LOGO VANILLA destaca polo fantástico logo en relevo na parte traseira.

Que nos dicides desta marabillosa bota MOU CHUNKY SNEAKER branca? Cunha clarísima inspiración esquimal grazas á cordonera que cobre a pa. Fíxache na lá bordada na parte traseira e superior. O reforzo de goma dianteiro fai deste botín chunky Mou un modelo forte e resistente, perfecto para un duro inverno.

Por segundo inverno consecutivo e tras a fantástica acollida que tivo o ano pasado volvemos ter a bota MOU CHUNKY ESKIMO SNEAKER BIG LOGO CBKG. Realizada en pel nacarada negra e cunha sola track negra perfecta para percorrer a cidade. Este botín Mou con sola deportiva acompañarate nas túas frías xornadas para que os teus pés non pasen nada de frío.

Encántanos esta bota MOU CHUNKY CHELSEA TALL. Segue a moda de bota con elásticos laterais e está forrada en pelo natural de ovella e conta cunha plataforma lixeira e cómoda. Moi elegante grazas ao seu acabado monocromo pero moi funcional para os longos días de inverno. Unha bota Mou con elásticos laterais a ter en conta!

Chegamos ás xoias da coroa de Mou. Atrevidas, divertidas, orixinais… son unha oportunidade de escapar dos zapatos negros que todas temos no noso armario. Atrévete a mercar botas Mou estampadas non te arrepentirás!


Comezamos forte cunha das nosas favoritas, a bota mou ESKIMO TRAINER MIX PONYSKIN ZEBRA WHITE BLACK WITH ORANGE. Neste botín deportivo Mou atopámonos unha marabillosa combinación de distintos animal print. Cebra branco, negro e laranxa, leopardo e guepardo! Todo rematado por un bordo de pelo branco. Dálle un toque de cor os teus looks máis sobrios ou atrévete cunha mestura de estampados. O mellor look para levalas é o teu look, o que ti elixas.

Repetimos estampado nesta bota MOU ESKIMO TRAINER WOOL STARS OFFBLACK. De novo vemos estrelas bordadas en gris sobre gris. Estas solas dos botíns deportivos Mou son unha auténtica pasada. Animámoste a que as probes. Non te arrepentirás!

Que fantasía é este botín MOU ESKIMO TRAINER TEXAN EMBROID ELGRY. O espírito campero reinventado. O fino cosido en branco e negro é moi elegante e as pequenas pedras en ouro e negro rematan perfectamente o conxunto. A cor de base é moi fácil de combinar. Se es amante das camperas cremos esta orixinal bota Mou quedarache estupendamente.

Pasamos a outra das botas Mou máis especiais da nosa particular colección. A bota MOU ESKIMO TRAINER TARTAN FLOWER BEADS& WOOL. Salta á vista o marabilloso traballo de deseño que o equipo Mou ofrécenos. Sobre unha base de tecido tartán en granate, negro, beis podemos atopar flores de lá con diferentes capas e cores rematadas con pequenas piedrecitas de cores. Máis é máis!

Se buscas algo máis discreto pero esa mesma sola deportiva temos dúas opcións para ti. Os botíns MOU ESKIMO JOGGER GLITTER LOGO. Mantendo a idea de comodidade e moda, igualmente forradas co marabilloso pelo natural de ovella e co cosido Mou tan característico da marca. Fíxate no logo traseiro con relevo cun acabado brillante. Este ano Mou innovou cos logos traseiros engadindo pedras e brillos.

 

Encántanos este botín Mou con estampado de leopardo. A bota Mou CHUNKY ESKIMO SNEAKER BIG LOGO SMCHT é unha pasada. Sola cómoda e lixeira cun estampado moi fácil de combinar con negros ou marróns. Unhas Mou animal print que non pasarán desapercibidas.

E deixamos para o final estes zocos Mou que nos encantan porque son moi diferentes e estilosos. Se levas estes zocos é evidente que che gusta a moda. Gústannos con calcetín de lá e como o pelo natural é termorregulador podes levalos sen nada cando as temperaturas non son tan frías. Atrévete cunha peza que cambiará completamente o teu look. Con jeans e unha sinxela americana negra estes zocos elevarán o teu look á máxima potencia.

Temos dúas opcións:

O zoco MOU WINTER BIO SLIDE BIG LETTER LOGO en cor branca co logo no empeine. Unha opción cunha cor moi elegante.

O zoco MOU WINTER BIO SLIDE LONG HAIR PONYSKIN con pelo de pony en tons negros e tostados. Unha auténtica marabilla no teu zapateiro.

Como podes comprobar trouxemos para ti unha amplísima selección de botas e botíns Mou para ti. Valen a pena as botas Mou? A nosa resposta é si. Totalmente. As botas Mou son duradeiras e resistentes se as coidas ben. O pelo das botas Mou é natural, moito máis duradeiro e san que o pelo sintético. Manteñen a temperatura natural do pé e transpiran perfectamente. Comprar botas Mou é un investimento do que non te arrepentirás. Podes estar calentita e cómoda sen perder estilo.

Bota unha ollada á nosa web para ver todos os modelos que temos para muller e para os máis peques da casa. Podes comprar botas Mou en liña con total comodidade e seguridade en moksin.com.

Que o frío deste inverno te pille preparada!