BOTAS MOU Colección outono inverno 2019
Empeza o inverno e en Moksín queremos que esteades preparadas, por ese motivo hoxe presentámosvos algunhas das novidades que este ano temos en botas Mou. Seguramente a maioría de vós xa coñecedes estas botas que ano tras ano fan máis fáciles os invernos. As botas Mou non só son quentes, tamén son comodísimas. Se xa contades cunha bota Mou básica no voso armario e buscades algún modelo diferente estar atentas a este novo post.
A primeira opción que vos propoñemos é un botín plano con sola deportiva. En canto á cor podedes elixir pel branca con tachas sobre a pala en bronce ou pel negra con tachas en gris. Un botín Mou con logotipo metálico no talón. Nesta selección tamén vos mostramos outro modelo con tachas esta vez na parte de atrás da cana, bota MOU en cor beis, plana e de cana media. Como todas as botas Mou levan forro de pelo e cosido de lana feito a man.
Agora un modelo con sola running elaborada en pel rota cor bronce esvaecido. Bota Mou con espectaculares ás adornadas con cristais na parte de atrás. Se buscades unha bota Mou diferente non deixedes de fixarvos neste modelo.
A última opción deste post é unha cuña interna en pel cor rosa con vivo de lana ao ton, o diferente desta Mou cunha básica son as ás de cristais que leva na parte de atrás. Mesma cuña leva a última bota Mou que hoxe vos queremos mostrar, a cor elixida gris cinza, o detalle nesta peza esta sobre a pala e como toque final o visón que decora a parte de arriba da cana.
As botas MOU son sen dúbida a mellor compra para os días fríos, entrar e a nosa tenda online e ver toda a colección Mou que temos para vós.