4 REALIDADES PARA NON PERDER DE VISTA AO MERCAR OS ZAPATOS DE ENTRETEMPO

Existen certas cuestións que funcionan como elementos universais que toda nai fai vivir aos seus fillos e que acaban por se converter nunha constante na infancia, aínda que un só as logre entender cando alcanza a idade adulta. Unhas cantas desas realidades chegaban no mes de setembro, xusto cando comezaba a volta ao cole. Unha delas era o de comprar o mandilón da escola non exactamente daquela talla que viña perfecta, senón dunha un pouco máis grande para as medras. Outra era que pouco importaban os zapatos que realmente nos gustaban de todos os que había na tenda, xa que as nais sempre mercaban os que entraban na categoría de clásicos. E a última era a de que, entre todas as cousas que se mercaban en setembro, estaban uns básicos: un abriguiño e uns zapatos para algo chamado misteriosamente ‘entretempo’.

Non é preciso que apareza ningún científico para indicar que estamos no epicentro daquel entretempo que parecían só coñecer as nais e que é recomendable adecuar o fondo de armario ás necesidades específicas deste momento. A pesar de que, unha vez que se chega á idade adulta, xa non se precisa dunha nai para mercar nin o abriguiño nin os zapatos de entretempo e podemos facernos co que realmente desexamos, nunca están de máis certos consellos antes de escoller eses zapatos que calzaremos ata que chegue o crudo inverno.

1. A volta ao cole non é só unha volta a escola para os nenos

O ano non só comeza en xaneiro e poderíase dicir que tamén o fai en setembro. Despois das vacacións, chega o momento de volver á oficina e de renovar o fondo de armario. Como cando se era neno e había que mercar novos zapatos para empezar na escola, a volta á oficina é unha escusa perfecta para ir de compras.

Zapato Dr. Martens

Zapato Seiale

Zapatila Vans

2. As nais tiñan razón (como sempre)

Aínda que cando se é un neno non se comprenden as decisións de compra das nais, especialmente cando os zapatos básicos que ela escollía non eran os zapatos ‘molóns’ que un desexaba, o certo é que optar por uns básicos é unha opción moi sabia, especialmente cando se reinventan coa tempada.

Zapato Paul Smith

Zapato George\'s

zapato bryan

3. O bo do entretempo é que aínda vai sol e hai días bos

O bo do entretempo é que é un tempo de fronteira. É o final do tempo que marcha (neste caso o bo tempo do verán) e o principio do tempo que chega (o frío e a choiva). Non só haberá días malos, senón tamén días estupendos e despexados, nos que o sol quenta. Por tanto, é unha boa idea facerse cunhas zapatillas e saír a pasear para aproveitar esas últimas raiolas de sol.

Zapatilla Converse

Zapatilla de Diadora

Zapatilla Vans

Zapatila Fred Perry

http://www.moksin.com/es/mujer/59v18bgk4/zapatilla-vans

4. Pero tamén pode sorprender cun día invernal e chuvioso

Como dicíamos o entretempo é imprevisible. Pode ir sol, pero tamén pode chover ou pode amencer con temperaturas xélidas. Para sobrevivir a estes días máis duros, uns bos botíns son unha boa opción de fondo de armario.

Botín Nemonic 1939

Botín Ezzio

Botín Puro