Marzo 17, 2015
Escaparate Primavera - Verán 2015
Sempre tentamos poñer moito agarimo en todo o que facemos e esta vez non ía ser menos. Para algúns poida que sexa un escaparate máis, pero para nós foi toda unha aventura que esperemos que sexa a primeira de moitas esta tempada. Elaborando este escaparate aprendemos como crear un substrato adecuado para plantar landras de carballo común grazas aos consellos do noso bo amigo Nacho. Investigamos o incrible traballo de moitos ceramistas galegos, dos cales podedes atopar pezas nunha pequena tenda chamada Merlín e Famila, onde Patricia sempre está disposta a axudar en todo o necesario, ou buscar información realativa a este oficio en Artesanía de Galicia. E, finalmente, colaboramos cunha encantadora ceramista coruñesa, Verónica Moar, que nos abraiou coa calidade do seu traballo e tamén coa súa xenerosidade, pois cedeunos as súas pezas nada máis coñecer a idea do noso escaparate. Para nós que unha artista galega se preste a colaborar na nosas tolerías, ademáis de ser moi enriquecedor, é todo un orgullo. Moitas grazas a todos pola axuda.
P.D.: Se vos gustan tanto como a nós as creacións de Verónica non deixedes de seguir o seu traballo e mercar as súas pezas.
Vídeo:
Fotos das marabillosas porcelanas de Verónica e do escaparate.
P.D.: Se vos gustan tanto como a nós as creacións de Verónica non deixedes de seguir o seu traballo e mercar as súas pezas.
Vídeo:
Fotos das marabillosas porcelanas de Verónica e do escaparate.